|
Solicitude De Cambio De Propiedade De Exemplares PRG
- ¿Por que é necesario solicita-lo cambio de propiedade de exemplares?
- Para poder ter actualizado o censo de animais en cada gandería.
-Para poder facer un seguimento dos exemplares inscritos e dispoñer dunha base de datos actualizada que nos permita xestiona-la poboación equina do cabalo PRG e toma-las decisións axeitadas acordes ás demandas de cada momento: criterios de escolma, sistemas de identificación, autorización de sementais, procedementos de actuación, etc.
- Para poder confeccionar e edita-los respectivos tomos que constitúen o Libro Xenealóxico.
- Para facilita-lo progreso da escolma.
- Para realizar estatísticas sobre as inscricións, as cubricións, os nacementos e outros estudios de interese para a raza.
- Para poder emiti-los pertinentes certificados de inscrición actualizados co obxectivo da tramitación das axudas ás que teñan dereito os criadores.
- ¿Como se solicita o cambio de propiedade de exemplares?
Tanto o anterior propietario do exemplar coma o novo propietario deben cubri-los seus respectivos datos no Impreso PRG A-07 SOLICITUDE DE CAMBIO DE PROPIEDADE DE EXEMPLARES PRG, e darlle rexistro de entrada na Administración.
Xunto coa solicitude de cambio de propiedade débese remitir á oficina do Libro de Rexistro Xenealóxico do PRG o Pasaporte do exemplar en cuestión, para que se poida proceder ó cambio de propiedade.
A Comisión Rectora do Libro Xenealóxico estudiará tódalas solicitudes de cambio de propiedade e, se o estima adecuado, tramitará o cambio de propiedade poñendo o exemplar a nome do novo propietario tanto no rexistro coma no pasaporte que se lle facilitará ó novo propietario.
NON SE EFECTUARÁ NINGÚN CAMBIO DE PROPIEDADE SENÓN SE DISPÓN DO IMPRESO PRG A-07 DEBIDAMENTE CUBERTO POLO ANTIGO E POLO NOVO PROPIETARIO. |