|
Solicitude De Baixa De Exemplares PRG Nas Ganderías
Un exemplar pode causar baixa nunha gandería polos seguintes motivos:
- Por morte.
- Por desaparición.
- Por roubo.
- Por furto.
- Por cambio de propiedade.
En tódolos casos é preciso comunica-la baixa do exemplar PRG.
¿Por Que é Necesario Soicita-la Baixa De Exemplares?
Para poder ter actualizado o censo de animais en cada gandería.
Para poder facer un seguimento dos exemplares inscritos e dispoñer dunha base de datos actualizada que nos permita xestiona-la poboación equina do cabalo PRG e toma-las decisións axeitadas acordes ás demandas de cada momento: criterios de escolma, sistemas de identificación, autorización de sementais, procedementos de actuación, etc.
Para facilita-lo progreso da escolma.
Para realizar estatísticas sobre as variacións dos censos por anos e os motivos destas variacións.
Para poder emiti-los pertinentes certificados de inscrición actualizados co obxectivo da tramitación das axudas ás que teñan dereito os criadores.
¿Como Se Solicita?
O propietario do exemplar debe cubri-lo Impreso PRG A-08 SOLICITUDE DE BAIXA DE EXEMPLARES, e darlle rexistro de entrada na Administración. Xunto coa comunicación de baixa do exemplar débese remitir sempre o Pasaporte.
|