|
Rexistro do PRG
Para dispoñer dunha base de datos actualizada que nos permita xestiona-la población equina do cabalo PRG e toma-las decisións axeitadas acordes ás demandas de cada momento: criterios de escolma, sistemas de identificación, autorización de sementais, procedementos de actuación, etc.
Para ter ó día unha relaciópn pormenorizada de criadores, sementais, eguas de ventre, etc.
Para axuda-los criadores, os compradores e a calquera asociación, a establece-los enlaces precisos entre eles e a Administración autonómica.
Para facilita-lo progreso da escolma.
Para realizar estadísticas sobre as inscricións, as cubricións, os nacementos e outros estudios de interese para a raza.
Segundo os casos, despois de realizado o proceso de identificación que proceda.
Atribuindo a cada ejemplar un código internacional (número vitalicio ou life number) que permita coñecelo e non confundilo con ningún outro ejemplar equino en todo o mundo, sexa da raza que sexa.
Introducindo nunca base de datos informatizada toda a información relativa ó ejemplar identificado.
Efectuando estudios estadísticos para decidi-la inscrición definitiva dun ejemplar no Libro Senealóxico é a Comisión Rectora do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura raza Galega.
Atribuindo a cada exemplar un código internacinal (número vitalicip ou Life number) que permita coñecelo e non confundilo con ningún outro exemplar equino en todo o mundo, sexa do tipo da raza que sexa.
Introducindo nunha case de datos informatizada toda a información relativa ó exemplar identificado.
Efectuando estudios estadísticos e o tratamento dos datos que permitan establecer programas e introducir modificacións na xestión de xeito qeu respondan ás diferentes necesidades de cada momento.
O órgano competente para decidi-la inscrición definitiva dun exemplar no Libro Xenealóxico é a Comisión Rectora do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega.
- ¿Cal é o procedemento do Rexistro?
1.- Ejemplares mayores de tres anos dos que non coñecemo-los seus pais.
1.1.- O propietaio solicita a revisión do ejemplar (Impreso PRG A-01).
1.2.- A comisión de Valoración e Cualificación Morfológica cualificará o exemplar. Se a súa puntuación é igual ou superior a 65 puntos, identificarase considerándose preinscrito no Libro Xenealóxico.
1.3.- A comisión Rectora estudiará a inscrición do ejemplar no Rexistro Provisional. Se o estima axeitado emitirá o correspondente Certificado de Inscripción e Pasaporte Internacional. En tódalas páxinas do pasaporte figurará en vermello e en diagonal, de xeito ben visible e en mayúsculas, as palabras “REXISTRO PROVISIONAL”.
2.- Ejemplares menores de tres anos dos que non coñecémo-los seus pais.
2.1.- O propietario solicita a revisión do ejemplar, Impreso PRG A-01.
2.2.- O facultativo veterinario autorizado identificará o exemplar e considerarase preinscrito.
2.3.- A Comisión Rectoda estudiará a inscrición do exemplar no Rexistro Provisional. Se o estima axeitado emitirá o correspondente Certificado de Inscrición e Pasaporte Internacional. En tódalas páxinas do pasaporte figurará en vermello e en diagonal, de xeito ben visible e en maisúsculas, as palabras “REXISTRO PROVISIONAL”.
2.4.- A partir da data na que o ejemplar cumpra os tres anos de idade, o criador debe soliciatar á Comisión Rectora do Libro Xenealóxico a valoración do ejemplar, Impreso PRG A-10.
2.5.- A comisión de Valoración e Cualificación Morfológica cualificará o ejemplar. Se a súa puntuación é igual ou superior a 65 puntos, rematarase a identificación do ejemplar coa numeración a frigori.
2.6.- A comisión Rectora estudiara as valoracións dos ejemplares inscritos de xeito PROVISIONAL e, procede, inscribiranse definitivamente no RF ou RA, segundo corresponda, emitíndoselle un novo Certificado de Rexistro e Carta Xenealóxica así como o Pasaporte Internacional. Se non procede, arquivarase o Pasaporte PROVISIONALe darase de baixa o ejemplar.
3.- Ejemplares mayores de tres anos cun só progenitor coñecido e inscrito.
3.1.- O propietario solicita a revisión do ejemplar Impreso PRG A-01.
3.2.- A comisión de Valoración e Cualificación Morfológica cualificará o ejemplar. Se a súa puntuación é igual ou superior a 65 puntos, identificarase considerándose preinscrito no Libro Xenialóxico.
3.3.- O laboratorio de genética emitirá as presinscricións e, se procede, aprobará a inscrición defiitiva no RF ou RA, segundo corresponda, emitindo o correspondente Certificado de Rexistro e Carta Xenealóxica e o Pasaporte Internacional.
4.- Ejemplares menores de tres anos cun só progenitor coñecido e inscrito.
4.1.- O propietario solicita a recisión do ejemplar, impreso PRG A-01.
4.2.- O facultativo veterinario autorizado e designado pola Comisión Rectora identificará o ejemplar e considerarase preinscrito.
4.3.- O laboratorio de xeneética emitirá o informe de Filiación Compatible ou Filiación Incompatible co proxenitor.
4.4.- A comisión Rectora estudiará esta inscrición provisional. Se resulta ser Filiación Compatible e a Comisión Rectora o considera procedente, aprobara a súa inscrición no Rexistro Provisional emitindo o Certificado de Rexistro e Pasaporte Internacional. Se resulta ser Filiación Incompatible e a Comisión Rectora o considera procedente, aprobara igualmente a súa inscrición no Rexistro provisional, é considerado neste caso como un ejemplar menor de tres anos sen progenitores inscritos. En tódalas páxinas do Pasaporte figurará en vermello e en diagonal, de xeito ben visible e en mayúsculas, as palabras “REXISTRO PROVISIONAL”.
4.5.- A partir da data na que o emeplar cumpra os tres anos de idade, o criador debe solicitar a Comisión Rectora do Libro Xenealóxico a valoración do ejemplar, Impreso PRG A-10.
4.6.- A comisión de Valoración e Cualificación Morfológica cualificará o ejemplar. Se a súa puntuación é igual ou superior a 65 puntos, rematará a identificación do ejemplar coa numeración a frigori.
4.7.- A comisión rectora estudiará as valoracións dos ejemplares inscritos de xeito PROVISIONAL e, se procede, inscribiranse definitivamente no RF pu RA, segundo corresponda, e emitirase un novo Certificado de Rexistro e Carta Xenealóxica así como o Pasaporte Internacioal. Se non procede, arquivarase o Pasaporte PROVISIONAL e darase de baixa o ejemplar.
5.- Exemplar con dous ou máis progenitores inscritos.
5.1.- Para poder inscribirse estes ejemplares no Rexistro de Nacementos tense que dar unha serie de circunstancias anteriores;
5.1.A.- Que o pai estea inscrito e sexa “apto como reproductor” (valoración igual ou superior a 70 puntos).
5.1.B.- Que a nai estea inscrita e sexa “apto como reproductor” (valoración igual ou superior a 70 puntos).
5.1.C.- Que o pai estea autorizado como semental no momento da cubrición e concepción do producto.
5.1.D.-Que o propietario tramitase en prazo o correspondente declaración de nacemento e solicitude de inscrición (Impreso PRG A-04) DECLARACIÓN DE NACEMENTO E SOLICITUDE DE INSCRICIÓN).
5.2.-Se todo o anterior é correcto o procedemento é o seguinte:
5.2.A.- O facultativo veterinario autorizado e desginado pola Comisión Rectora identificará o ejemplar e considerarase preinscrito.
5.2.B.- O laboratorio de genética emitirá o informe de Filiación Compatible ou Filiación Incompatible cos progenitores.
5.2.C.- A Comisión Rectora estudiará estas preinscricións. Se resulta ser Filiación Compatible con émbolos progenitores e a Comisión rectora o considera procedente, aprobará a súa inscrición no Rexistro de Nacementos, emitindo o correspondente Certificado de Rexistro e Carta Xenealóxica así como o Pasaporte Internacional. Se resulta ser Filiación Incompatible a Comisión Rectora desestimará a inscrición do exeplar e notificarllo ó interesado para que , se o desexa, solicite unha nova petición de extracción de sangue e se procede unha segunda análise resultase Filiación Compatible e se a Comisión Rectora o estima procedente, aprobará a inscrición no Rexistro de Nacementos, emitindo o Certificado de Rexistro, Carta Xenealóxica e o Pasaporte Internacional. Se resultase ser Filiación incompatible por segunda vez desestimarase definitivamente a inscrición e arquivarase o expendiente sen máis trámite.
5.2.D.- A partir da data na que o ejemplar cumpra os tres anos d idade, o criador dbe solicitar a Comisión Rectora do Libro Xenealóxico a caloración do ejemplar Impreso PRG A-10.
5.2.E.- A comisión de Valoración e Cualificación Morfológica cualificará ó ejemplar. Se a súa puntuación é igual ou superior a 65 puntos, rematará a identificación do ejemplar coa numeración a frigori.
5.2.F.- A comisión rectora estudiará as valoracións dos ejemplares inscritos no Rexistro de Nacementos e, se procede inscribiranse definitivamente na RA ou RD segundo corresponda. Se non procede arquivarase o expedienten san máis trámite
|