DISPOÑO:

Artigo 1
A raza equina autóctona de Galicia en perigo de extinción, ata o momento coñecida como cabalo galego do monte, pasara a denominarse “Cabalo de Pura Raza Galega” [PRG]

Artigo 2
Apróbase esta regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega e o seu prototipo racial, que figuran respectivamente como anexo da presente orde.

Artigo 3
Tódolo ejemplares inscritos no libro xenealóxico segundo a normativa vixente ata o momento pasarán a estar inscritos nos novos rexistros segundo corresponda acorde coa presente orde.

Disposición derrogatoria
Ünica.- Queda derrogada a Orde do 23 de setembro de 1998 pola que se establece o Libro Xenealóxico da Raza Equina Cabalo Galego do Monte.

Desposición derradeiras.
Primeira.- Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria para establece-la normativa adicional necesaria para o axeitado cumprimento desta orde.

Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da sua publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes.
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agrolimentaria.