Trala experiencia de traballo adquirida desde entón compróbase que a citada normativa resultou complexa nalgúns aspectos, como por ejemplo o sistema de rexistros, e por outra parte debería prever aspectos tales como o sistema de valoración de ejemplares ó cumpri-la idade de adultos,a Comisión de Valoración e Cualificación Morfolóxica.

A orde do 23 de Setembro de 1998 pla que se establece o Libro Xenealóxico da Raza Equina Cabalo Galego do Monte fixou como nomenclatura para a raza equina autóctona de Galicia: Cabalo Galego do Monte; posteo que a totalidade dos ejemplares se criaban en condicións de liberdade nos montes galegos. Na actualidade, e dadas as características dos ejemplares da raza para a equitación de ocio e deportiva, así como a proliferación de concursos morfológicos da raza, algúns destes animais estanse criando xa en condicións intensivas.

A petición dos gandeiros e da asociación de criadores de raza, dado que actualmente é a única raza equina autóctona descrita na Comunidade Autónoma de Galicia, polo que non fai falta a súa diferenciación nominativa con ninguna outra, e debido a que xa non só se cría en condicións de liberdade e se garante a pureza racial, estímase conveniente denominalo “Cabalo de pura raza galega”.

Analizando as circunstancias actuais e con fin de unificar, na medida do posible, as regulamentacións específicas de tódolos libros xenealóxicos das distintas razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, resulta necesario, así mesmo, establecer unha nova regulamentación específica para o Libro Xenealóxico do Cabalo de pura Raza Galega, de modo que se simplifique o sistema de rexistros e se establezcan o Rexistro de Ganderías, a Comisión de Exemplares así como as súas respectivas competencias, o sistema de valoración de ejemplares, etc.

Por todo iso, de acordo con disposto no artículo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente.