Escola Oficial de Xuices

A Escola Oficial de Xuíces de Cabalos de Pura Raza Galega e un órgano adscrito á Asociación Pura Raza Cabalo Galego, encargado da formación integral das persoas e profesionáis para a obtención do título na súa condición de Xuíz Oficial de Valoración e Cualificación Morfolóxica da raza.

A E.O.X (Escola Oficial de Xuíces), foi a encargada xunto con técnicos gandeiros da raza da redacción do “REGULAMENTO OFICIAL DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS P.R.G.”.

Na actualidade a Escola Oficial de Xuíces é o único órgano recoñecido oficialmente para a valoración e cualificación do cabalo de pura raza galega.

A Escola Oficial de Xuíces P.R.G., conta cun grupo de expertos “MESTRES DE XUICES”. Na actualidade dispoñen deste recoñecemento.

  • D.Jacobo Pérez Paz, Fundador da Asociación P.R.G.
  • D.Salvador Zunzunegui Costa, Militar
  • D.Mauricio Alonso Troncos, Veterinario
  • D. Herminio Pose Nieto, Veterinario

Actividades da Escola Oficial de Xuices

A activa participación o longo dos seis últimos anos coa presencia dos técnicos de valoración nas pistas dos Concursos Morfológicos Oficiáis P.R.G., avalaron o éxito de todas e cada unha das probas en concurso, todas elas medidas polo regulamento redactado e aprobado en consenso cós gandeiros e criadores da raza.

Dentro das actividades da Escola de Xuíces podemos destacar as xuntanzas desenvolvidas nas instalacións do Pazo de Mariñán, propiedade da Excma. Deputación Provincial da Coruña, a Reunión desenvolvida na Sáa de Presidentes da planta nobre da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, onde se complementou e actualizou a segunda edición do regulamento de concursos. Así coma o derradeiro curso de formación de xuíces desenvolvido o día 31 de Outubro de 2.004 en Santiago de Compostela.

A E.O.X. está en continuo contacto con outros organismos e institucións autonómicos e nacionáis e internacionáis tales coma a Federación Hípica Galega, a Real Federación Hípica Española, o Ministerio de Agricultura, a Federación Hípica Portuguesa, a Federación Ecuestre Internacional, as Federacións Francesa e Italiana de Hípica, as Haras Nacionales Francesas, diversos Clubes Hípicos de Europa coma o Bakonyi Poroszakalo Túra Club de Hungría (co que mantén unha liña de colaboración e cría de cabalos P.R.G.) e as máis altas institucións Europeas de ámbito gandeiro.

Reglamento Oficial

Listado De Xuices