Centro Referencia do Cabalo Pura Raza Galega

O Centro de Referencia do Cabalo de Pura Raza Galega está situado na finca do Pazo de Quián na localidade de Sergude no concello de Boqueixón na provincia de A Coruña. As instalacións do Centro de Referencia son propiedade da Consellería do Medio Rural e está dirixidas pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, colaboradora oficial na recuperación, fomento, protección e difusión do cabalo de pura raza galega.

As instalacións do Centro de Referencia foron inauguradas no mes de Abril de 2.005 polo Excmo. Sr. D. José Antonio Santiso Miramontes, Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.

Modernas instalacións adaptadas as necesidades dunha raza prestan o apoio necesario para acadar os resultados optimos como ata a data.

Picadeiro cuberto con gradas para o público, vestiarios, boxes para os sementáis, guadarnés, botiquín. Sáa de alimentación, sáa de exploración, sáa de inseminación, sáa de montas e cubricións, laboratorio, vestiarios veterinarios, aula de formación, biblioteca do cabalo galego, dependencias administrativas de atención o gandeiro e criadores da raza, prestan un completo servizo á raza.