Comunicación Do Estado Da Gandería

  • ¿Que é o estado da gandería?

O Estado da Gandería é unha relación de tódolos ejemplares de Cabalo de Pura Raza Galega presentes na explotación nun momento en concreto.

  • ¿Por que é necesario comunica-lo estado da gandería?

- Para poder ter actualizado o censo de animais en cada gandería. · Para poder facer un seguimento dos exemplares inscritos e dispoñer dunha base de datos actualizada que nos permita xestiona-la poboación equina do cabalo PRG e toma-las decisións axeitadas acordes ás demandas de cada momento: criterios de escolma, sistemas de identificación, autorización de sementais, procedementos de actuación, etc.

- Para poder confeccionar e edita-los respectivos tomos que constitúen o Libro Xenealóxico.

- Para facilita-lo progreso da escolma.

- Para realizar estatísticas sobre as inscricións, as cubricións, os nacementos e outros estudios de interese para a raza.

- Para poder emiti-los pertinentes certificados de inscrición actualizados co obxectivo da tramitación das axudas ás que teñan dereito os criadores.

  • ¿Como se comunica o estado da gandería?

No mes de novembro de cada ano, a Comisión Rectora do Libro de Rexistro Xenealóxico enviará a cada gandería inscrita no Rexistro de Ganderías o Impreso PRG A-09, COMUNICACIÓN DO ESTADO DA GANDERÍA, para que unha vez cuberto o remitan á oficina do Libro de Rexistro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega, antes do 15 de decembro dese ano.