Comisión De Valoración E Cualificación Morfolóxica do PRG

  • ¿Qué é a comisión de valoración e cualificación morfolóxica do PRG?

É o máximo órgano competente para efectua-la valoración dos exemplares maiores de tres anos para a súa inscrición definitiva no Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega.

  • ¿Quen compón a comisión de valoración e cualificación morfolóxica do PRG?

Está composta por tres membros:

Un presidente: un delegado provincial designado para tal efecto pola Comisión Rectora do Libro Xenealóxico.

Dous Vocais:

- Un veterinario oficial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

- Un gandeiro da Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega recoñecida oficialmente.

Tódolos integrantes da Comisión deberán de estar en posesión do título de Xuíz de Valoración e Cualificación Morfolóxica do Cabalo de Pura Raza Galega.

  • ¿Cantas comisións de valoración e cualificación morfolóxica do PRG existen?

Existen un total de catro comisións, unha por cada provincia, sendo a súa composición variable en canto á identidade das persoas que a compoñen.