Comisión Rectora do Libro Xenealóxico do PRG

  • ¿Qué é a comisión rectora do libro xenealóxico do PRG?

É o máximo órgano de dicisión respecto do funcionamento interno do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega.

  • ¿Quen compón a comisión rectora do libro xenealóxico?

Está composta por cinco membros:

Un presidente: o subdirector xeral de Gandería ou persona en quen delegue.

Un inspector director-técnico: o xefe do servicio de Producción Gandeira ou persona en quen delegue.

Un secretario: Un veterinario técnico o Servicio de Producción Gandeira.

Dous Vocais:

- Un técnico cualificador da raza, nomeado para tal efecto, pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

- O presidente da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega, recoñecida oficialmente pola autoridade competente, ou persoa en quen delegue.

  • ¿Cales son as competencias da comisión rectora do libro xenealóxico do PRG?

Aprobar, se procede as solicitudes de inscricións das ganderías no correspondente Rexistro de Ganderías e de animais nos distintos rexistros do Libro Xenealíxico.

Expedi-los respectivos documentos xenealóxicos.

Atende-las incidencias qeu xurdan no normal funcionamento do Libro Xenealóxico, asi como resolve-las reclamacións que puideran presentarse.

Propoñe-las modificacións do prototipo racial ou da Regulamentación específica do Libro Xenealóxico que se consideren adecuadas.

Designa-lo delegado provincial que actuará como presidente da Comisión de Valoración e Cualificación Morfolóxica e dispoñe-las actuacións desta comisión.

Dicta-las instruccións oportunas para o correcto funcionamento do réxime interno do Libro Xenealóxico.