|
Asignación Do Código De Gandería Do PRG
- ¿Cal é a razón da asignación do código de gandería do PRG?
Garantir de xeito eficaz a identificación permanente e inconfundible dunha gandería. A introducción deste código permitirá acceder dentro da base de datos do Libro Xenealóxico a tódolos datos da gandería de xeito inmediato e de forma inequívoca.
- ¿Como se inscrbe unha gandería do PRG?
Sempre a petición do criador, e pódese dar dous casos:
1.- Cando un propietario solicita a revisión de cabalos por primeira vez, cubrindo o Impreso PRG A-01 SOLICITUDE DE REVISIÓN DE EXEMPLARES, SEN UN OU MÁIS PROXENITORES INSCRITOS, PARA O INGRESO NO LIBRO DE REXISTRO XENEALÓXICO DO CABALO DE PURA RAZA GALEGA E, SE PROCEDE, INSCRICIÓN DA GANDERÍA E O SEU FERRO NOS CORRESPONDENTES REXISTROS.
2.- Cando un propietario non ten animais inscritos e adquire un exemplar xa inscrito, é dicir, cando hai un cambio de propiedade de exemplares inscritos e o novo propietario aínda non está dado de alta como criador, cubrindo o Impreso PRG A-05 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DA GANDERÍA.
- ¿Cómo se realiza a asignación do código da ganderia do PRG?
O código dunha gandería estructúrase do seguinte xeito:
O código consta de 7 díxitos. Os tres primeiros corresponden ás letras PRG, identificativas da raza, e os catro restantes son díxitos numéricos e corresponden á orde correlativa de inscrición no Rexistro de Ganderías.
Exemplos:
- ¿Cando se realiza a asignación do código de gandería?
Trala solicitude de inscrición dunha gandería por un criador mediante os Impresos PRG A-01 ou PRG A-05, a Comisión Rectora estudia tódalas solicitudes de inscrición de ganderías e, se o considera procedente, aprobará a inscrición destas, asignándolle o respectivo Código de Gandería e notificándollo ó criador interesado. |